en recordo
(Xullo, 2016 – Outubro de 2020)
Foi un proxecto de máis de catro anos no que puxemos toda a ilusión, disfrutamos de grandes momentos, coñecemos xente marabillosa e sobre todo aprendemos moito.
Sen dúbida foi unha etapa da que podemos estar moi orgullosos..
EDIFICIO CENTENARIO
Comedores interiores
Nas nosas instalacións contamos con varios comedores e diferentes ambientes, para que poidas gozar dun bo xantar ou cea, e adáptanse ás túas necesidades en calquera circunstancia.
As túas cerimonias, banquetes e xantares ou ceas de grupo, teñen cabida no noso restaurante. Temos unha capacidade para 200 comensais, con espazos para adaptarse ás túas preferencias.
Zonas exteriores
Para ofrecer unha oferta completa, dispomos de comedores ao aire libre cubertos, unha zona de terraza con bar propio e todo elo rodeado de coidados xardíns .
Nestes espazos poderas facer o teus eventos e banquetes, nun ambiente especial. Estas zonas exteriores tamén están dedicadas ás diversas actividades que realizamos para vós, proporcionando valor engadido ao servizo de restaurante.








A BODEGA
En Adega das Caldas temos unha bodega con máis de 200 referencias onde os caldos galegos teñen un gran protagonismo.
O noso sumiller, Andrés Domínguez, pode aconsellarche a elección do viño para mellorar aínda máis os sabores do noso menú.
A NOSA CARTA
Unha das nosas prioridades é proporcionarche o mellor produto. A súa orixe é principalmente de Galicia: peixes e mariscos da ría de O Grove, carne de tenreira galega, así como verduras e hortalizas de pequenos produtores locais.
Pratos feitos con produtos frescos de tempada, de provedores seleccionados e de proximidade. Cociña de mercado e de calidade.
Contacta connosco
Onde estamos
Situados no barrio de A Ponte
“Adega das Caldas” sitúase a poucos 100 metros da Ponte Romana e do río Miño, dous dos símbolos da cidade de Ourense. No número 11 da histórica avenida das Caldas, antiga porta de entrada da cidade.
O aparcamento máis próximo está situado na estación de ferrocarril (Rúa Eulogio Gómez Franqueira, 1), a 5 minutos a pé.
Coordenadas GPS:
Latitude: 42.3473441 (42º 20′ 50.44″ N)
Lonxitude: -7.869250100000045 (7º 52′ 9.3″ W)